Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow A prensa dixital xa dispoñibel en galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

A prensa dixital xa dispoñibel en galego Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 01 de Abril do 2006

Se a prensa non vai á montaña, pois temos que deixalos cun palmo de narices e lla movemos.

Está saindo estes días nos xornais dixitais a nova ferramenta creada pola empresa Dimensiona, chamada Traduza-G, e que fai traducións automáticas ao galego. Así, e coa colaboración de Vieiros, xa é posibel ler en galego La Voz, Faro de Vigo, El Mundo, El País, La Razón, La Vanguardia, El Correo, Libertad Digital e Cinco Días. Premendo nos enlaces anteriores, poderás ler eses xornais na nosa língua.

Informa Vieiros de que "na actualidade o grupo Editoral Compostela, editora do xornal en papel Galicia Hoxe, a empresa R, editoriais como Vicens Vives, ToxosOutos, administracións locais e provinciais (Concello de Santiago, Concello de Pontevedra, Deputación da Coruña...) , así como outras entidades e empresas de tradución están facendo uso deste sistema de tradución automática con resultados óptimos.

Se a prensa que se distribue en Galiza, estivese directamente na lingua do noso país, non serían necesario adicar esforzos a facilitar que aos galegofalantes se nos respeitasen os nosos dereitos linguisticos.

É impresionante, e a montaña quedou ben movida. Noraboa aos creadores e noraboa a todos e todas.

Por outra parte, e seguindo co tema lingüístico, estamos engadindo novo material ás nosas descargas que pomos a túa disposición. Visita o apartado de Lingua no noso arquivo para ver as novidades.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com