|
O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo da Xunta de Galiza, fai uso de topónimos deturpados de parroquias e lugares.
San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor, Besojo .. son exemplos dos centos de deturpacións por parte do IGE.
Non é aceptábel que, un órgano da administración galega, que ten o deber de promover a nosa lingua, e que debe respetar a única e legal toponimia oficial da propia Xunta de Galiza utilice un nomenclator cheo de grallas, distinto do feito pola Comisión de Toponimia, publicado no DOG, e a través do que se estableceron os topónimos oficiais.
Convidámoste a participar enviando un correo electrónico ao Director Xeral e Secretaria Xeral do IGE, así como á Secretaria Xeral de Política Linguistica, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información. Enviar mensaxe.
|