|
Con parte do tempo ocioso de varias persoas, adicado á tradución, xa temos un feixe xeitoso de software ceibe en galego que podes coller, tanto dende a zona de descargas do web da CiberIrmandade, como dende os nosos foros mentres non os mudamos á zona de descargas. Hai paquetes dispoñibeis para phpBB (foros), Joomla! (xestor de contidos), Coppermine (galería de imaxes)..
Para phpBB, xunto a outros paquetes, e recén saído do forno, está dispoñibel a actualización (2.0.20) do paquete básico de lingua.
De Joomla!, a maiores do paquete de lingua para o FrontEnd (parte pública) da versión 1.0.8, tamén están dispoñibeis os seguintes módulos: ExtCalendar, Bookmark, LetterMan, akocoment, Remository, ZoomGallery, bigApe, JoomlaXplorer e akobook.
Coppermine está dispoñibel na nosa lingua na súa versión 1.4.3, xunto cun pequeno manual de actualización.
As traducións teñen diversas orixes: mais información en cada unha das descargas.
Se queres implicarte algo mais pola nosa lingua, e sen necesidade de controlar moito de informática, podes axudar tanto na tradución como na revisión dos textos; pasa polos foros, onde a cada pouco xurden tarefas de tradución/revisión de software. Participa nos foros de informática.
|