|
Obxectivo acadado: Instituto Galego de Estatística |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 18 de Abril do 2006 |
|
Despois de dez días de campaña, semella que o Instituto Galego de Estatística vai corrixir os topónimos de parroquias e lugares do seu nomenclator. Así, no seu web pódese ler "nestes momentos estanse a revisar os topónimos das entidades de poboación para adecualos aos topónimos oficiais de Galicia [..]". Ao tempo, o IGE está a enviar correos ás persoas que participaron na campaña, dando explicacións do erro e informando que xa están a traballar na modificación dos topónimos para adecualos ao nomenclátor oficial feito pola Comisión de Toponimia da Xunta.
En vista disto, a CiberIrmandade suspende temporalmente a campaña e desexa parabenizar ao IGE, e parabenizar tamen a todas as persoas que colaboraron nesta campaña.
Estamos xa a preparar o vindeiro obxetivo nos nosos Foros e moitas cousas mais. Se queres colaborar mais activamente coa CiberIrmandade non dubides en pasar polo noso sitio e aportar todas as ideas, pensamentos, novas ou comentarios que desexes. Todos eles seran benvidos.
Parabens de Novo a todolos CiberIrmandinh@s!
|