|
Novos foros e troco de bandeiras na CiberIrmandade |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 22 de Abril do 2006 |
|
Informamos da posta en funcionamento de tres novos foros xerais da CiberIrmandade. Dous deles adicados ao debate, e o terceiro para propor traballos puntuais a quen quera colaborar na organización e desenrolo da CiberIrmandade e as súas actividades. Estes Foros pretenden ser un novo espazo de apresentación de ideias, problemáticas e suxestións. Tamén un espazo de crítica, propostas e actividades. Trátase de debater para aprendermos e milhorar un chisco a nosa sociedade. Estes son os novos Foros: Música, espectáculos, artes, no que discutir e informar de todo o que teña que ver coa música, teatro, espectáculos e expresións culturais e artísticas en xeral, Medio ambiente, para temas de ecoloxía, parques naturais, agresións ao medio ambiente, cuestións forestais, conservación do patrimonio de Galiza e, Participa e colabora, no que queremos informar de traballos puntuais na CiberIrmandade nos que axudar
Por outra beira, queremos tamen destacar a posta en funcionamento dun servizo de troco de bandeiras, ou banners, con outros sitios que empreguen a nosa lingua. Tratase do troco de bandeiras pequenas a publicar na parte inferior dos nosos foros, e troco de bandeiras grandes na cabeceira da nosa páxina principal. Mais información.
|