Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Novos compoñentes do Joomla! na nosa lingua  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Novos compoñentes do Joomla! na nosa lingua Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Martes, 25 de Abril do 2006

Joomla! é unha das ferramentas de manexo de sistemas de contido de código ceibe mais poderosas do planeta. Empregase tanto en pequenas paxinas web coma en complexas aplicacións de grandes empresas. Joomla! é doado de instalar, sinxelo de empregar e de confianza.

Seguindo co traballo de tradución da CiberIrmandade esta semana poñemos á túa disposición os paquetes de idioma galego de varios compoñentes para o Joomla tales como o Glossary, UgBanners e o DocMAN que poderás atopar no noso Foro do Joomla en galego e que estarían ainda pendentes dalgunha revisión que podes facer ti mesm@ se desexas colaborar con nós. Tamén temos traducido o Events Calendar, xa en versión final e dispoñibel no noso apartado de descargas.

Fóra do Joomla temos a tradución ao galego do Webcollab, un script para facilitar o traballo en equipo, no Foro de Software tamén pendente dalgunha revisión final antes de acadar o seu estatus de definitivo. Desexamos que todo este trabalho non sexa en balde e que moitos de vos empreguen todas estas traducions pra darlhe ao galego o lugar que se merece na Rede.

Saudos CiberIrmandinhos.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com