|
Na Galiza celebramos todos os anos o “día do libro”. Seguindo o costume procedente da lenda de San Xurxo, de orixe “intrinsecamente galega” como todos e todas sabemos, tamén hai quen regala a tradicional rosa. O Día das Letras Galegas ten que servir non só para reivindicar e promocionar a nosa lingua e literatura, senón tamén para potenciar e poñer en valor a nosa Cultura e Tradicións, recuperándoas cando sexa preciso, ou reinterpretándoas no seu caso para reforzar a súa razón de ser e darlles o pulo que necesitan hoxe en día. Dende distintas fontes, xa se ven reivindicando dende fai moito tempo a identidade do toxo como planta nacional de Galiza, chegando a propoñer que en troques de importar modas absurdas, se regalase con cada libro un toxo en flor ou, en todo caso, unha pola de xesta. Así, autores coma Manolo Rivas, Xaquín Lorenzo ou o mesmo Castelao teñen prestado ao toxo a atención que merece e dignificado a súa personalidade como planta enxebre chegando o primeiro deles a facer a proposta do regalo formado polo binomio toxo-libro para o Día das Letras Galegas. Na CiberIrmandade da Fala queremos dar o primeiro paso, polo que convidamos aos webs galegos a colocar no seu sitio a flor do toxo dende o 8 ao 21 de maio, en conmemoración do día das letras galegas (17 de maio), e co obxectivo de que para o día do libro do ano 2007 esta proposta sexa unha realidade nas librarías da Galiza e agardando con esperanza que no 2006 comece o seu camiño. Que con cada libro que se venda ou regale se adxunte unha referencia ao toxo que pode materializarse nunha poliña de toxo florida natural, unha reprodución escultórica, un cartonciño de sinal de libro coa imaxe do toxo... Para apoiar esta campaña convidámoste a espallar esta iniciativa do xeito que consideres convinte. Para iso, e se tes sitio web ofrecémosche este sinxelo script co que, con só copiar e colar (en calquer parte do <body> das túas páxina web), poderás engadir un dos seguintes gráfico que aparecerá no curruncho superior dereito o primeiro, e no curruncho superior esquerdo o segundo, das páxinas co logo da nosa campaña e ligado á páxina de referencia e explicación da mesma:
<SCRIPT src="http://www.ciberirmandade.org/arquivoscomuns/varios/toxo/toxo.js" type=text/javascript charset="ISO-8859-1"></SCRIPT> <SCRIPT src="http://www.ciberirmandade.org/arquivoscomuns/varios/toxo/toxoesq.js" type=text/javascript charset="ISO-8859-1"></SCRIPT> Se tes calquer problema co script o coa súa instalación non dubides en contactar connosco. Outra alternativa, se non desexas utilizar as opcións anteriores por calquer motivo, é engadir o seguinte gráfico, para o cal só tes que copiar e colar o código que aparece embaixo: <a href="http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/83/" title="Campaña un libro, un toxo" target="_blank"><img src="http://ciberirmandade.org/arquivoscomuns/varios/toxo/toxo120x60.png" width="120" height="60" alt="Campaña un libro, un toxo" border="0"></a> E seguindo co traballo que fixemos e coa intención de ofrecer unha posibilidade a todos os profesionais do libro (especialmente ás editoriais e librarías) tamén poñemos á túa disposición un deseño de marcador de libro nun tamaño de 18x6 cm e unha resolución de 300 ppp que poderás imprimir e utilizar como esa referencia ao toxo da que falamos: Tamén che ofrecemos un servizo de postais electrónicas con relación á campaña coas que poderás espallar a iniciativa ao mesmo tempo que felicitas aos teus seres máis achegados, así como a posibilidade de deixar os teus comentarios ao pé desta páxina. Esta campaña vai seguir desenvolvéndose na medida das nosas posibilidades de xeito máis intenso nestes días pero tamén con vistas ás vindeiras conmemoracións do Día das Letras. Por iso recomedamos pasar de cando en vez por esta páxina ou polo fío correspondente dos nosos Foros para ir coñecendo as novidades e materiais ofrecidos así como para colaborar ou aportar calquer tipo de apoio (moral, intelectual, ofrecer ideas, críticas, propostas, etc.).
|