|
O IGE rectifica os topónimos deturpados |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Venres, 28 de Abril do 2006 |
|
O Instituto Galego de Estatística acaba de corrixir os topónimos deturpados que utilizaba na súa páxina web. A reacción do IGE perante a campaña desenvolvida pola CiberIrmandade da Fala foi rápida e efectiva. En dez días informouse a través dun correo persoal aos/ás participantes na campaña de que se ía proceder á corrección dos erros e, noutros nove levouse a cabo a rectificación. Desde a CIF consideramos positivamente que as administracións públicas galegas recoñezan e dean solución aos seus erros de xeito áxil e sen demoras. Parabéns a todos/as os/as Ciberirmandiños/as por este novo obxectivo acadado!
|