|
Na Galiza, o deporte fala maioritariamente en lingua allea. Revisados os webs de 31 federacións deportivas, concluímos que a situación da nosa lingua é de inferioridade respecto do castelán. Inda que temos que destacar que hoxe en día existen federacións que empregan o galego a todos os niveis, e que deberían ser exemplo a seguir, 17 delas so ofrecen os seus contidos en castelán, fronte a 8 que o fan en galego e 6 bilingües (algunhas destas con grandes deficiencias na versión galega). No referente á toponímia, 16 respeitan a oficial, mentres que 15 a deturpan, menoscabando así a nosa lingua e cultura. A maioría das federacións teñen logotipo da Xunta de Galiza ou da Fundación Deporte Galego, polo que entendemos que reciben axudas ou subvencións públicas. É inaceptábel que entidades que reciben fondos públicos non fagan uso da lingua propia da Galiza. A CiberIrmandade da Fala fai un chamamento a toda persoa orguiosa da nosa lingua a que esixa o seu uso, mediante o achegamento dun correo electrónico dirixido á Conselleira de Cultura e Deporte, ao Director Xeral para o Deporte, e a todas as federacións deportivas galegas. Podes facelo aquí e agora cumprimentando o teu nome. Ver informe - Enviar correo.
|