|
Obxectivo en suspenso. Escola Tecnica Superior de Arquitectura |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 04 de Maio do 2006 |
|
A CiberIrmandade suspende os envios de correos á Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Coruña, obxectivo posto en marcha o 18 de marzo. O día 28 de abril, recibimos correo da Escola indicando a intención do actual equipo directivo de, entre outras cousas, promocionar o galego e usalo de xeito cotián. Nembargantes parece que teñen problemas legais co web, de xeito que nistes intres está fora do seu control e non poden levar adiante o proceso. Cónstanos a boa vontade por parte da dirección da Escola, polo que suspendemos a campaña durante un mes para darlles tempo a traballar nese proceso de normalidade lingüística. Mentres, a seguir coas Federacións deportivas galegas.
|