|
Obxectivo. Concello de Ribadeo |
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 20 de Maio do 2006 |
|
No "Concello de Ribadeo atoparás todo aquelo que desexes", di o Alcalde no web do concello. Atoparás todo, agás respeito polos teus dereitos lingüísticos como galego ou galega.
O Concello de Ribadeo ofrece os contidos do seu sitio na rede ( http://www.ribadeo.org), únicamente en castelán. O único que se pode atopar na lingua que lle é propia, a lingua da Galiza, é o "Saluda" do Alcalde; eso si, con tradución ao castelán. A partires de aí, máis nada.
Dende eiquí e de xeito doado, podes facerlle chegar a tua queixa ao concello, á concellaría de cultura, ao servizo de normalización lingüística e aos partidos políticos que substentan o goberno (BNG e PSOE).
Enviar prego
|