|
Manifesto do Día das Letras e propostas da FPG |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 27 de Maio do 2006 |
|
A CiberIrmandade pon a disposición dos internautas galegos e galegas, dous recentes documentos da Fronte Popular Galega (FPG), o Manifesto do Día das Letras e a nota de prensa da súa V Asembleia Nacional (21/05/2006). Ademais dun profundo debate sobre o sistema organizativo e dunha ampla reflexión sobre o papel da FPG na Galiza de hoxe, os documentos afondan na análise da situación mundial, europea, e do Estado español. Dedicación especial mereceu a valoración, interpretación e procura de alternativas para a situación galega, co goberno do PSOE-BNG, e cun proceso de reforma estatutaria en marcha, aos que cualifican (goberno e reforma), como sumamente insatisfactorios ante as necesidades e urxencias do pobo e da nación galega. Nestes tempos de manis da LOU, do Iraque, antiglobalización, anti-peaxe, ENCE e moitas mais, nun ano que será lembrado pola greve do metal en Vigo e pola Lingua en Compostela, faise necesario incrementar a organización e argallar novos xeitos de loita. Nesta situación, eiquí tedes as reflexións da FPG. - Descargar información da V Asembleia Nacional da FPG. 21/05/2006 - Descargar Manifesto Día das Letras. Direción Nacional da FPG. 17/05/2006
|