|
A CiberIrmandade na Radio Piratona |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 31 de Maio do 2006 |
|
Pola celebración do Día das Letras Galegas deste ano, a Radio Piratona, a radio libre de Vigo (106.0 FM), dentro da súa programación especial co gallo da mesma, emitiu unha entrevista á CiberIrmandade da Fala onde se fai un certo repaso en conxunto das actividades e posibilidades que ofrecemos e compartimos. Poñemos o arquivo de audio, xentilmente ofrecido por Radio Piratona, á túa disposición na nosa zona de descargas. Rematar cos nosos parabéns á Radio Piratona pola súa laboura así coma co noso agradecemento polo seu interese verbo do noso traballo. Descargar audio
|