|
Motores de Procura CiberIrmandade e Galipedia no Firefox |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 03 de Xuño do 2006 |
|
Dende a CiberIrmandade seguimos a traballar por facilitar o acceso á información de ámbito galego que hai pola Rede e comezamos por ofrecerche varios motores de procura instalables no navegador Firefox (pódese descargar de balde aquí se así o desexas), que che permitirán acceder de xeito máis doado ao noso Web, Buscador de Empresas, Foros ou Galería de Imaxes. Asemade tamén poñemos á túa disposición un motor de procura para acceder á Galipedia. A instalación é moi doada, tan só tes que acceder a esta páxina (preme na ligazón), e logo premer enriba do nome do motor que queiras instalar. Seguiremos traballando e esforzándonos por ampliar a lista de dispoñibilidades polo que che convidamos a que pases de cando en vez polo noso sitio na Rede ou esteas pendente das nosas canles de información habituais. Lembrarche tamén que hai traballo abondo e a túa colaboración será sempre moi ben recibida.
|