|
A CiberIrmandade e Fala Ceive |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
Aproveitamos as nosas canles de comunicación pra facervos saber do novo acordo de asociación entre Fala Ceive e a CiberIrmandade da Fala. Após varias conversas e reunións virtuais as duas asociacións acordaron a unión dos webs e foros das dúas organizacións procurando a creación dunha verdadeira ciberirmandade entre os galegos e galegas de ámbalas dúas Galizas. Inda que quedan pormenores que axustar nas novas páxinas, o web de Fala Ceive xa está operativo en calquera destes enderezos: http://www.ciberirmandade.org/falaceive http://falaceive.ciberirmandade.org http://falaceibe.ciberirmandade.org
Dende eiquí convidámosvos a visitar este novo web e a deixar os vosos saúdos aos companheir@s da Galiza Irredenta. Neste día queremos remarcar unha vez máis a necesidade de colaboración e suma de esforzos entre todas as forzas vivas deste planeta chamado Galiza pra rachar co minifundismo mental do que pecamos tantas veces os galegos e galegas e poder acadar deste xeito a nosa utopía. Rematar subliñando que a CiberIrmandade da Fala está a usar recursos de RedeGalega.org, entidade de Fillos.org, a quen non podemos senón amosar a nosa mais sinceira gratitude polo seu apoio no desenvolvemento das nosas actividades e na procura dese obxectivo común de unión da galeguidade espallada por todo o mundo.
|