Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Obxectivo. Artesanía de Galicia  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. Artesanía de Galicia Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 10 de Xuño do 2006

ARTESANÍA DE GALICIA ou ARTESANÍA DA GALIZA??
Imaxina que andas a navegar pola Rede porque:

  • Buscas agasallar a alguén con un producto artesán feito na terra, e descoñeces qué podes regalar; tentarás buscar algún catálogo que te mostre os distintos productos que o mercado pon a túa disposición, ou..
  • Sabes con que queres agasallar, pero non sabes quén o pode facer, buscarás un catálogo que recolla aos/as artesáns de Galiza por actividades, ou....
  • Es un artesán ou coñeces a alguén que leve tempo facendo artesanía, e queres que a túa condición se regule e normalice, poo que buscarás a lexislación relativa a artesanía existente na túa comunidade, ou..
  • Se tés simple curiosidade sobre a artesania que se fai en Galiza.

En calquera destes casos é probabel que, por un camiño ou outro, remates entrando na páxina www.artesaniadegalicia.com onde aparece todo o referente oficial a artesanía feita en Galiza, por artesáns acreditados como tales segundo a lexislación do noso Pais.

A marca “Artesanía de Galicia” é propiedade da Xunta da Galiza, e depende da Consellería de Innovación e Industria, baixo a responsabilidade do BNG, en concreto da D.X. de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Pois ben, o que debe ser un dos webs referentes da artesanía da nosa terra, actividade, por outro lado, fundamental dentro da nosa cultura e tradicionalmente vínculada a profesionais galego-falantes, nin está en galego nin ten a opción do galego.

Ben sabido é, que o anterior governo galego desgaleguizou a Rede, non contribuiu ao asentamento e normalización da nosa língüa neste eido. Por mor dista situacion pregamosche dende esta paxina que cliques na ligazon e mandes un prego a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información có fin de solventalo canto antes.

Mandar Prego

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com