• Axuda

     Xa está dispoñibel a primeira versión de "axuda e resposta a preguntas frecuentes" no menú esquerdo. Aos poucos, será ampliado.

  • Recibir novas da CIF

    Se queres recibir por correo electrónico as novas mais importantes da CIF, como comezo de campañas, traballos de tradución de software á nosa lingua, información xeral da CiberIrmandade .., subscribete ás nosas listas de novas .

  • Queres publicar novas neste web?

    Ti mesmo/a podes publicar novas neste web: rexistrate e identificate, e verás un novo menú para enviar novas. Unha vez enviadas, serán revisadas antes da sua publicación. Vai á Axuda se non te amañas.

Estamos actualizando o web. Tardará uns dias

Estamos actualizando o web. Tardará uns dias

g11n (galeguización). Comeza a andar
Domingo, 25 Outubro 2009 21:48

Comeza a andar o proxecto g11n.net (http://www.g11n.net), ideado como unha plataforma que facilite a localización de software libre á nosa lingua mediante a posta en funcionamento dun conxunto de ferramentas ofrecidas á comunidade e na que, de forma autoxestionada, as decisións sexan debatidas e acordadas entre todos e todas. Para participar no proxecto non é preciso ser un experto/a informático/a, pois calquer persoa cun mínimo de interese pode facer achegas dende distintos eidos.

Das diversas propostas que teñen xurdido, identificouse a falta de xente como un dos principais problemas estructurais, común a todos os proxectos de galeguización. Para resolvelo, cremos que o sistema de foros pode ser moi útil en canto que mellora a visibilidade da comunidade no exterior..

A este efecto vimos de poñer en marcha un servizo comunitario de foros abertos, accesibel xa dende o enderezo do proxecto (http://www.g11n.net).

Temos claro que tanto a estructura do proxecto como o funcionamento dos foros son cuestións que deben ser decididas colectivamente; por eso dende o principio queremos que quede claro que a estrutura actual é só unha proposta que fazemos para que sirva de punto de partida.

A canle para tomar este tipo de decisións é o foro "Organiza" no que dende xa convidamosche a participar, con só rexistrarte nos foros. Neste sentido o rexistro é automático (non require autorización de ningún administrador, tan so activación dende unha ligazón que recibirás por correo) e dá dereito a participar no foro adicado á propia organización (os visitantes non rexistrados poderán ler, pero non escribir, cousa que si poden facer nos restantes foros).

Tal como xa fomos anunciando, a intención é montar un conxunto de ferramentas postas a disposición da comunidade, autoxestionada, e en ningún caso forma parte dos nosos obxectivos crear unha organización propia separada das demais; trátase exclusivamente crear unha estructura na que todos e todas teñamos cabida e da que poidamos facer uso libremente.

Chegados a este ponto, damos por rematado xa o proceso de posta en marcha da infraestructura básica comunitaria de g11n para facilitar a localización de software libre á nosa lingua, e comezamos os debates con dous temas básicos: a estructura dos foros e a sua política de uso.

Se che presta, rexistrate, discute e decide.

 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack