|
Escrito por 6matriuska
|
|
Domingo, 20 Decembro 2009 19:02 |
|
A web http://feijoomente.blogaliza.org desvela parcialmente o novo Decreto do Galego no Ensino. Fontes da Xunta confírmannos que nos próximos días será dado a coñecer o contido do decreto sobre o galego no ensino impulsado por Feijoo. Segundo esas mesmas fontes, farase o anuncio en función de como evolucionen as circusntancias no tema da fusión das caixas de aforro, para abrir unha nova frente na opinión pública en caso de necesidade.
A Xunta espera obter un alto índice de apoio social ao novo decreto, a pesar de que obxectivamente supón un retroceso para a lingua galega, polo que son conscientes de que poderán enfrentarse a novas mobilizacións. Sobre o contido do decreto, que moi poucas persoas coñecen integramente, o que estamos en condicións de adiantar é o seguinte:
- Tanto o galego como o castelán terán unha presenza mínima do 33%. Por decisión do centro de ensino, a presenza dunha delas poderá elevarse até un máximo do 50%. - O inglés entra como lingua vehicular do ensino. Haberá moita flexibilidade na súa progresiva incorporación, mais polo menos unha materia -ademais da de Lingua Inglesa- deberá ser impartida nesta lingua.
A idea inicial da Xunta era que as Matemáticas se desen en Inglés, para evitar as críticas por retirar o galego do seu buque insignia; sen embargo, a falta de cualificación do profesorado levou a descartar esa idea, polo que sigue no aire -polo menos, até onde nós sabemos- en que lingua se impartirá.
|