• Queres publicar novas neste web?

    Ti mesmo/a podes publicar novas neste web: rexistrate e identificate, e verás un novo menú para enviar novas. Unha vez enviadas, serán revisadas antes da sua publicación. Vai á Axuda se non te amañas.

  • Recibir novas da CIF

    Se queres recibir por correo electrónico as novas mais importantes da CIF, como comezo de campañas, traballos de tradución de software á nosa lingua, información xeral da CiberIrmandade .., subscribete ás nosas listas de novas .

  • Axuda

     Xa está dispoñibel a primeira versión de "axuda e resposta a preguntas frecuentes" no menú esquerdo. Aos poucos, será ampliado.

Estamos actualizando o web. Tardará uns dias

Estamos actualizando o web. Tardará uns dias

Morre un dos principais defensores do galego na Garda Civil
Escrito por apana   
Domingo, 27 Decembro 2009 19:48

Gonzalo Jar foi durante un tempo xefe do destacamento de tráfico da provincia de Lugo. Actualmente era o Secretario Xeral da Dirección  Xeral de Infraestruturas e Material de Seguridade do Estado.

Era doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e experto en Dereito Internacional Humanitario da Cruz Roja Española. Foi coñecida a súa intervención no caso da morte do cámara José Couro no Irak, reclamándolle ao xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz a aperturas dunha investigación porque consideraba “que había versións contraditorias do sucedido nos medios americanos”.

É autor de varias publicacións- “Policia y Sociedad”, “La protección de los periodistas en caso de conflicto armado”- e asiduo partipantes en foros internacionais.

Defensor da normalización lingüística

Gonzalo Jar participou  en varios proxectos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, para promover o uso da lingua galega nas forzas e corpos de seguridade do Estado.

Achegamos o texto que escribíu para o libro “En galego, con toda seguridade”, e a súa manda testamentaria, publicada no libro “En galego,agora e sempre”, editados, ámbolos dous pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Xuíz honorario do Couto Míxto

O pasado mes de Agosto a Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou ao xeneral Jar, “Xuíz Honorario” e membro da asociación, pola que sentía simpatías desde hai tempo. En decembro de 2008 participou na Casa de Galicia en Madrid no acto de  presentación da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

O xeneral Jar  tamén seguía con moito interese desde Madrid as actividades do Foro E.Peinador, que lle solicitara a súa participación para a galeguización da empresa de autocares “Travibus Noroeste”, que o próximo día 29 presentará en Santiago a súa nova imaxe corporativa coa incorporación da lingua galega nas súas actividades: convenio, nóminas, rotulación dos autobuses con nomes de accidentes xeográficos, e o reparto gratuito da colección “Relatos da Paisaxe”. A este acto estaba prevista a súa asistencia por ser o autor dun  deses relatos.

Fonte: galiciaconfidencial.com

 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack