|
Escrito por apana
|
|
Luns, 28 Decembro 2009 18:23 |
|
Cada vez que utilizas o caixeiro automático, a máquina diríxese a ti en castelán. Dáche opción a mudar de lingua, por suposto: galego, inglés, francés. Pero a apelación primeira da máquina, a actuación programada, é o castelán, que se converte deste xeito en lingua de referencia dende a cal se establece a pauta dominante e, en certa maneira, as regras do xogo (e de relación). Esta foi e segue a ser a política lingüística que se estableceu e que se acepta respecto do galego: o cidadán galegofalante, que aínda segue a ser demograficamente maioritario no país, ten que pulsar o botón da máquina, esixir os seus dereitos, exercer activamente a súa consciencia lingüística para ser atendido como tal. Se non o fai, por preguiza, por timidez, por falta de pulo ou simplemente porque o seu uso da lingua non está ideoloxizado nin é unha práctica militante, a máquina actúa automaticamente dende o castelán e anula o galego...
Ler todo o artigo: lavozdegalicia.es
|