|
Este é o listado de obxectivos que solicitaches (9 en total):
- Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo
Data de alta: Luns, 19 de Xullo do 2010 Última revisión: Luns, 19 de Xullo do 2010
- Unicla
A sociedade cooperativa Feiraco é unha empresa galega con máis de 3.800 socios, cunhas actividades que afectan a unhas 35.000 persoas da comarca da Barcala e dos municipios noroccidentais de Galiza. Feiraco conta cuns recursos propios que superan os 100 millóns de euros, dando emprego directo industrial a 250 persoas e é a única empresa que sempre envasa leite galego segundo reza na súa páxina web. Tamén é respectuosa cos clientes utilizando o noso idioma nos produtos que comercializa. Todo isto é motivo de parabéns polo traballo ben feito, parabéns que trasladamos á marca referida.
Mais tamén temos que trasladarlle a nosa preocupación polo seu novo produto, a marca de leite UNICLA, que tanto no envase coma na páxina web exclusiva non ofrece opción de lingua galega aos seus visitantes, polo que pensamos que é importante lembrar e animar a Feiraco a continuar coa política de respecto que ata agora viña executando.
Data de alta: Sábado, 12 de Xuño do 2010 Última revisión: Sábado, 12 de Xuño do 2010
- Tele2
Tele 2 é unha empresa de telecomunicacións que forma parte do grupo Vodafone. No 2008 asinou un convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para a incorporación e difusión do galego no ámbito das novas tecnoloxías.
A progresiva incorporación da nosa lingua no ámbito das telecomunicacións era o principal obxectivo deste convenio. Permitiría deste xeito incrementar o número de terminais móbiles con menús na nosa lingua e facilitaría a comunicación en galego entre as operadoras e os clientes galegos.
Semella que a seriedade non forma parte da política desta empresa xa que nin no contorno web da súa páxina nin na comunicación directa cos seus clientes ofrecen sinais do máis mínimo interese en utilizar a lingua galega.
Data de alta: Domingo, 02 de Maio do 2010 Última revisión: Domingo, 02 de Maio do 2010
- Ikea
IKEA é unha compañía privada de orixe sueca, controlada por unha serie de corporacións acollidas nos Países Baixos, especializada na venda de mobles domésticos de baixo custo.
Con 238 tendas en 34 países; a maioría en Europa, EUA, Canadá, Asia e Australia esta empresa está acostumada a traballar en moitas culturas diferentes. Agora vaise instalar tamén na Galiza, concretamente na cidade da Coruña. Por iso desde a Ciberirmandade animámosvos a lles enviar un prego solicitándo a utilización do noso idioma, o galego, na súa web, nas súas instalacións e na súa relación cos clientes.
Considerando os recursos técnicos existentes hoxe en día, demandamos unha mostra de sensibilidade de IKEA coa lingua que nos identifica como pobo. Seguros de que cos poderosos medios dos que goza a empresa non lles suporá un obxectivo difícil de conseguir.
Data de alta: Venres, 26 de Marzo do 2010 Última revisión: Venres, 26 de Marzo do 2010
- Interflora
Interflora e umha grande empresa assentada em varias naçons arredor de todo o mundo.
Tambem esta assentada na Galiza como floristeria em geral e de envio de flores a domicilio, ainda que seja impossivel, para nos, fazer os encargos no seu web, pois nom fala a nossa lingua, embora si ingles, catalam e espanhol… sera possivel escrever-lhes a ver se nos podemos entender?
Data de alta: Sábado, 27 de Febreiro do 2010 Última revisión: Sábado, 27 de Febreiro do 2010
- Os Teletubbies na TVG
Emitir contidos en inglés na TVG podería ser unha boa idea, xa que ofrece por unha banda a posibilidade de nos familiarizar coa lingua máis útil do planeta e por outra ofrécenos a oportunidade de gozar da voz real das actrices e actores.
Porén resulta sorprendente que na TVG eliminen o programa falado en galego con máis audiencia infantil, "Os Teletubbies", para substituílo pola súa versión en inglés con subtítulos en galego. Non esquezamos que a franxa de idade deste programa son telespectadores de entre 1 e 2 anos que dificilmente entenderán os debuxos na lingua de Shakespeare, nin saberán ler os subtítulos na lingua dos Bolechas. Pódese realizar unha xestión televisiva máis absurda e galegófoba?
Envíalles a túa queixa aos xestores da TVG lembrándolles cales son as súas obrigas con respecto ao fomento do idioma de noso entre a poboación máis nova do pais.
Data de alta: Domingo, 10 de Xaneiro do 2010 Última revisión: Domingo, 10 de Xaneiro do 2010
- Génesis Seguros
A compañía aseguradora Génesis afirma no artigo 14 dunha súa póliza o seguinte: "El contrato de seguro podrá formalizarse, a elección del tomador, en cualquiera de las lenguas españolas oficiales en el lugar en que aquél se formalice."
Porén a realidade é que os clientes galegos non podemos dispor dos contratos desta aseguradora na nosa lingua porque actúa enganosamente incumprindo os compromisos que ela mesma formaliza. Nesta nova ciber-campaña, animámoste a lles enviar un prego amosándolles a túa desconformidade con este tratamento á nosa lingua nas súas pólizas e no seu web, onde tamén teñen a opción de catalán pero non de galego.
Data de alta: Mércores, 04 de Novembro do 2009 Última revisión: Mércores, 04 de Novembro do 2009
- Banco Etcheverria
O Banco Etcheverria foi fundado em Betanços em tempos do Reino de Galiza (1717), do que ainda sae um velho mapa no seu web. É o decano dos bancos galegos e também o é do actual estado espanhol. Gaba-se, ademais, de ser umha entidade que pretende um trato pessoal e direito com os seus clientes, mas lamentavelmente jamais falou a língua da sua terra. Depois de quase 3 séculos já será tempo de que isso mude.
Data de alta: Martes, 29 de Setembro do 2009 Última revisión: Martes, 29 de Setembro do 2009
- Axencia Galega de Noticias
A Axencia Galega de noticias naceu no ano 1985 promovida por varios xornais de ámbito local (La Región de Ourense, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego con sede en Compostela , El Ideal Gallego de A Coruña e Atlántico de Vigo). Digamos que non son xornais especialmente coñecidos polo uso do noso idioma. Con todo, e posto que xeran información dende e para Galiza, na CiberIrmandade cremos que a información non é completa se a fonte de transmisión esquece a lingua na que a maioría dos galegos vivimos e nos expresamos. Consideramos que é absurdo, un abandono e un desprezo tan frontal que pedimos que se estás de acordo con este posicionamento envíalles o seguinte prego.
Data de alta: Mércores, 12 de Agosto do 2009 Última revisión: Mércores, 12 de Agosto do 2009
|