problema cos enlaces en Fireboard

Punto de encontro de usuarios do Joomla! en galego; axuda, traducións...

problema cos enlaces en Fireboard

Mensaxepor Paulo Porta » Xov Abr 16, 2009 9:11 pm

Ola de novo.

Teño agora un problema co fireboard. Podo acceder á páxina de inicio do foro, pero logo ningunha sección nin post é accesible premendo no vínculo correspondente. Isto pasa dende hai dous días e non teño conciencia de ter tocado nada, aínda que editei no joomla o inicio da web.

Un exemplo: Pulso nunha discusión e o explorador non atopa a páxina. O vínculo que apretei produce esta dirección fallida:

http://www.epvgaliza.org/joomla/compone ... d,431/#431

Pero a discusión á que quero entrar si que existe. Se accedo a ela polo historial do explorador, ábrese con esta dirección:

http://www.epvgaliza.org/joomla/index.p ... =26&id=431

como vedes, hai cousas que mudaron. Agora todos os enlaces da páxina de inicio do foro levan á subcarpeta /component, penso que erróneamente.

Xa sabedes que son pitoño no joomla, pero alguén me podería indicar que arquivo debo editar para que o índice do foro se comporte como antes?

Grazas coma sempre.
Paulo Porta
 

Re: problema cos enlaces en Fireboard

Mensaxepor minhoca » Xov Abr 16, 2009 9:50 pm

Paulo Porta escribiu:Teño agora un problema co fireboard. Podo acceder á páxina de inicio do foro, pero logo ningunha sección nin post é accesible premendo no vínculo correspondente. Isto pasa dende hai dous días e non teño conciencia de ter tocado nada, aínda que editei no joomla o inicio da web.


Imposibel ver o problema. Que foi exactamente o que editaches?
Saúde. Alexandre Prieto.
Gustaríame falar moitos idiomas, pero so manexo ben unha lingua allea: español.
"Somos galegos por obra e gracia do idioma" (Sempre en Galiza-Castelao)
Foro CIG-Autonomica
G11n (galeguización)
Avatar de Usuario
minhoca
 
Mensaxes: 4431
Rexistrado: Mér Mai 04, 2005 10:59 pm
Ubicación: Vigo-Galiza

Re: problema cos enlaces en Fireboard

Mensaxepor Paulo Porta » Mar Abr 28, 2009 8:58 pm

Máis que editar, substituín a páxina índice por outra feita manualmente, sen joomla. Pero gardara un duplicado da anterior que recuperei outra vez. Esta páxina principal agora fai o mesmo que o índice do foro. Explícome:

Entras en http://www.epvgaliza.org
Ata aquí todo ben.

Pero os vínculos ás páxinas secundarias xa non están ben. Por exemplo, queres entrar no foro e aparece esta url:

www.epvgaliza.org/joomla/component/opti ... Itemid,28/

na que non hai nada, porque o incicio do foro está realmente en

www.epvgaliza.org/joomla/index.php?opti ... &Itemid=28

Se entras no foro, poñendo esta última dirección manualmente, e queres por exemplo entrar na sección "Temas de actualidade", o vínculo leva a

www.epvgaliza.org/joomla/component/opti ... /catid,27/

onde aparece de novo unha páxina de erro porque realmente a sección está aqui:

www.epvgaliza.org/joomla/index.php?opti ... t&catid=27

Isto comezou un día, sen máis. Agora, as tripas de joomla para min son chinés. Como se pode correxir isto? É posíbel que instalando unha nova versión de joomla volva funcionar ben sen perder os contidos que xa tiñamos no foro? Alguén sabe resolver isto? estamos dispostos a pagar.

Saúdos
Paulo Porta
 

Re: problema cos enlaces en Fireboard

Mensaxepor minhoca » Lun Mai 04, 2009 9:32 pm

Vexo que xa furrula. Que tocaches agora?
Saúde. Alexandre Prieto.
Gustaríame falar moitos idiomas, pero so manexo ben unha lingua allea: español.
"Somos galegos por obra e gracia do idioma" (Sempre en Galiza-Castelao)
Foro CIG-Autonomica
G11n (galeguización)
Avatar de Usuario
minhoca
 
Mensaxes: 4431
Rexistrado: Mér Mai 04, 2005 10:59 pm
Ubicación: Vigo-Galiza

Re: problema cos enlaces en Fireboard

Mensaxepor Paulo Porta » Mar Mai 05, 2009 11:15 am

Pois a solución -de momento- foi unha parvada: atopei unha carpeta de cando andiven modificando imaxes do foro para poñelas en galego, e vin que copiara nela varios documentos da carpeta principal do joomla. Reemplaceinos e funcionou.

Con todo, mireinos un por un, e non dei averiguado nin cal deles era a causa do erro nin tampouco que teria que haber modificado para solucionalo sabendo o que facía. Así que de momento zafei, pero hei ter que vir pedir axuda máis veces, ben seguro.

Grazas e ate outra
Paulo Porta
 


Volver a Joomla!

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Google [Bot] e 1 convidados