Empregar traducción do Joomla

Punto de encontro de usuarios do Joomla! en galego; axuda, traducións...

Empregar traducción do Joomla

Mensaxepor xcagraf » Mér Mai 13, 2009 8:32 pm

Ola, esta é a miña primeira mensaxe. Un saúdo a todos.

Teño unha dúbida de principiante. Estou montando un sitio con Joomla e necesito traducir ao galego algúns compoñentes, asi que descargueinos da zona de descargas da ciberirmandade. O problema que teño é que non sei como empregalos e non atopo onde o explique... :(

Os ficheiros somentes traen un arquivo galician.php e non sei que facer con el.

grazas pola resposta
xcagraf
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: Mér Mai 13, 2009 7:43 pm

Re: Empregar traducción do Joomla

Mensaxepor Medulio » Mér Mai 13, 2009 10:01 pm

xcagraf escribiu:Ola, esta é a miña primeira mensaxe. Un saúdo a todos.

Benvido.

xcagraf escribiu:Teño unha dúbida de principiante. Estou montando un sitio con Joomla e necesito traducir ao galego algúns compoñentes, asi que descargueinos da zona de descargas da ciberirmandade. O problema que teño é que non sei como empregalos e non atopo onde o explique... :(

Os ficheiros somentes traen un arquivo galician.php e non sei que facer con el.

Dependendo do compoñente que sexa pode haber un xeito ou outro, normalmente deberás copia-lo arquivo 'galician.php' nun directorio concreto do compoñente que empregues (algo así com 'languages' ou similar) e o propio compoñente fará a escolla segundo a configuración xeral do Joomla.

Podes indica-los compoñentes que queiras e miraremos de precisar máis.
Unha aperta.
José A. Cidre Bardelás (XACB)

Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta,[...] porque me peta, [...] porque me sae de dentro, alá do fondo[...].
(Celso Emilio Ferreiro)
Avatar de Usuario
Medulio
 
Mensaxes: 4298
Rexistrado: Xov Mai 05, 2005 1:31 pm
Ubicación: Vigo (Galiza)

Re: Empregar traducción do Joomla

Mensaxepor Convidado » Xov Mai 14, 2009 6:32 am

Ola Medulio. Grazas pola resposta.
O compoñente que quero traducir é o jevents. Antes tiña montado o joomla en castelán e ia traducindo eu como podía, pero quedabanme cousas que non conseguía que aparecesen en galego, falo do site, non da parte de administrador que si que a tiña toda en castelan.
Descarguei o ficheiro de damufo e instaleino no meu joomla e xa conseguín que estea todo en galego. Grazas... :-D
O que acontece é que o meu jevents que conseguira poñer en galego agora aparece en inglés. :o
Non sei porque.
Tentei voltar a traducilo modificando os ficheiros que aparecen en:
administrator/components/com_jevents/language e components/com_jevents/language pero nada.

Asi que descarguei a traducción do jevents 1.4.3 que é o que non sei instalar.

Por certo que eu teño instalado o 1.5, espero que mo traduza, senon instalarei a version 1.4.3.
Convidado
 

Re: Empregar traducción do Joomla

Mensaxepor xcagraf » Lun Mai 18, 2009 7:14 pm

Ola. Sigo co mesmo problema, dende que traducin ó galego o meu sitio pasouseme ó inglés o calendario jevents e non hai xeito de poñelo en galego.
Algún bo e xeneroso que me vote unha man? :-D
xcagraf
 
Mensaxes: 5
Rexistrado: Mér Mai 13, 2009 7:43 pm

Re: Empregar traducción do Joomla

Mensaxepor minhoca » Mar Mai 19, 2009 9:26 pm

Vas ter que traducir a galego o compoñente en cuestión. Mira no cartafol "language" ou algo así.
Saúde. Alexandre Prieto.
Gustaríame falar moitos idiomas, pero so manexo ben unha lingua allea: español.
"Somos galegos por obra e gracia do idioma" (Sempre en Galiza-Castelao)
Foro CIG-Autonomica
G11n (galeguización)
Avatar de Usuario
minhoca
 
Mensaxes: 4431
Rexistrado: Mér Mai 04, 2005 10:59 pm
Ubicación: Vigo-Galiza


Volver a Joomla!

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Yahoo [Bot] e 1 convidados