O galego xa é oficial para Joomla 1.5.11

Punto de encontro de usuarios do Joomla! en galego; axuda, traducións...

O galego xa é oficial para Joomla 1.5.11

Mensaxepor Kiko das Leiras » Lun Xuñ 08, 2009 3:51 pm

Avísanos Damufo dun gran fito acadado na tradución do Joomla. Por fin é posíbel escoller o idioma galego durante a súa instalación.

Segundo nos conta, dende que saíra a versión 1.5.0 isto non era posíbel e, logo de case dous anos de esforzo e traballo para conseguilo, o obxectivo acadouse por fin con esta versión 1.5.11.

Así agora xa podemos dicir que Joomla está completamente traducido ao galego e ademais recoñecido como unha tradución acreditada de Joomla. Os paquetes de instalación en galego están dispoñíbeis en JoomlaCode.

Parabéns a Damufo polos seus esforzos de coordinación e tamén á xente de Ciberirmandade.org e do Proxecto Trasno que colaboraron dende os comezos na súa tradución.

Joomla! é un galardoado sistema de xestión de contidos que permite construír facilmente sitios web e potentes aplicativos en liña.

Esta tradución, ademais do fito conseguido, representa a continuación dun traballo continuo levado a cabo por voluntarios galegos e do que xa fomos dando conta nesta páxina.

http://www.mancomun.org/no_cache/actual ... omla-1511/
Pensa Global Actua Local
Avatar de Usuario
Kiko das Leiras
 
Mensaxes: 3176
Rexistrado: Lun Xan 30, 2006 10:38 pm
Ubicación: Lanzarote. Ilhas Canarias

Volver a Joomla!

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados