Páxina 1 de 2

Obxectivo. Deputacion de Lugo

MensaxePublicada: Dom Xan 15, 2006 1:13 am
por minhoca
Xa en abril de 2001 a CiberIrmandade tivera como obxectivo a Deputación de Lugo esixíndolle o cumprimento da lexislación que a obriga a facer un uso normal do galego, incluindo obviamente a súa páxina web.

A data de hoxe a nota de que "en breve estará a disposición.." a versión galega, seguía colgada: "Comunicamos a todos os usuarios deste servizo, que actualmente está en fase de elaboración a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados. Dende a Deputación Provincial de Lugo, rogamos que disculpen calquera inconveniente que esta circunstancia poida ocasionarlles".

Por se non fose abondo, a Deputación de Lugo emprende o camiño para avanzar na súa galeguización: suprimir o seu Servizo de Normalización Lingüística, en marcha desde o ano 1994!

Desde a CIF consideramos inaceptable que unha administración pública ignore a lexislación que a obriga a respectar os dereitos lingüísticos dos administrados, e moito máis que dea pasos atrás neste eido.

Convidámosvos, por tanto, a lle enviar unha mensaxe de protesta ao Presidente da Deputación de Lugo. Podes facelo dende aquí e agora.

MensaxePublicada: Lun Xan 30, 2006 12:51 am
por Medulio
Semella que algo mudou na Deputación de Lugo. De entrada o texto da "versión galega" non é o mesmo:

Versión en galego

Comunicamos a todos os usuarios deste servizo, que actualmente estamos realizando o traslado e adecuación do servidor web, para albergar a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados.

Dende a Deputación Provincial de Lugo, rogamos que disculpen calquera inconveniente que esta circunstancia poida ocasionarlles.

Se somos optimistas (quero selo) en pouco tempo podemos tir versión galega. Se somos pesimistas polo menos podemos considera-lo troco como un "acuse de recibo".

MensaxePublicada: Xov Nov 30, 2006 8:41 pm
por Medulio
Medulio escribiu:Se somos optimistas (quero selo) en pouco tempo podemos tir versión galega. Se somos pesimistas polo menos podemos considera-lo troco como un "acuse de recibo".

Aceptamos "pesimista" porque a día de hoxe a opción de galego segue contindo só isto:

Versión en galego

Comunicamos a todos os usuarios deste servizo, que actualmente estamos realizando o traslado e adecuación do servidor web, para albergar a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados.

Dende a Deputación Provincial de Lugo, rogamos que disculpen calquera inconveniente que esta circunstancia poida ocasionarlles.

Como estarán a face-lo traslado do servidor web? Cun sapoconcho reumático?

MensaxePublicada: Dom Feb 11, 2007 1:56 pm
por Medulio
A día de hoxe a Deputación segue "realizando o traslado e adecuación do servidor web, para albergar a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados."

Como estarán a facer o traslado? Bit a bit?

Por certo, revisei o significado de 'en breve' no dicionario por se variou dende que iniciaron o traslado pero disque non:

En breve.loc. adv. De aquí a pouco tempo.


Porque a famosa nota leva xa dende o 2 de xullo do 2005!!! :argh:

"DIPUTACION" de Lugo

MensaxePublicada: Mar Feb 13, 2007 11:22 pm
por Xosé
Buscando información para a investigación que estou realizando para a universidade, tiven que entrar na web da DIputación de Lugo...recomendo visita a esa web que por defecto aparece en castelán e para vela en galego fai falla unha lupa para atopar o simboliño... :? http://www.diputacionlugo.org/

Re: "DIPUTACION" de Lugo

MensaxePublicada: Mér Feb 14, 2007 12:07 am
por ferreira
Xosé escribiu:Buscando información para a investigación que estou realizando para a universidade, tiven que entrar na web da DIputación de Lugo...recomendo visita a esa web que por defecto aparece en castelán e para vela en galego fai falla unha lupa para atopar o simboliño... :? http://www.diputacionlugo.org/

Pero esa é a boa nova, que existe o simboliño (aínda que tamaño minúsculo). A mala nova é que a versión en galego leva desde ABRIL DE 2001!!!! en construción.

MensaxePublicada: Xov Feb 15, 2007 11:02 am
por Kiko das Leiras
Vai sendo hora de facer unha campanha web conxunta nas catro deputacións galegas....  :?

MensaxePublicada: Xov Feb 15, 2007 10:05 pm
por minhoca
Kiko das Leiras escribiu:Vai sendo hora de facer unha campanha web conxunta nas catro deputacións galegas....  :?

Nas catro, non.

A de Ourense sempre estivo en Galego.

A de Coruña, Lugo e Pontevedra foron fai anos obxectivo da CIF, e pouco despois puxeron versión galega nas de Coruña e Pontevedra.

A de Lugo, nada. Nen sequera cando anos despois fixemos unha segunda campaña.

Non paga a pena voltar a por ela até dentro de moito tempo; temos moitos outros obxectivos.

MensaxePublicada: Mar Feb 20, 2007 1:50 am
por Moucho
Lembrar que a da Coruña segue tendo partes só en castelán, como a información sobre os concellos (a pesar da páxina dicer que estás visualizando en galego). Eu mandara o ano pasado unha mensaxe perguntando se era un fallo ou algo, pero como é habitual, non obtiven resposta.

MensaxePublicada: Xov Feb 22, 2007 11:03 am
por Teijeiro
minhoca escribiu:
Kiko das Leiras escribiu:Vai sendo hora de facer unha campanha web conxunta nas catro deputacións galegas....  :?

Nas catro, non.

A de Ourense sempre estivo en Galego.

A de Coruña, Lugo e Pontevedra foron fai anos obxectivo da CIF, e pouco despois puxeron versión galega nas de Coruña e Pontevedra.

A de Lugo, nada. Nen sequera cando anos despois fixemos unha segunda campaña.

Non paga a pena voltar a por ela até dentro de moito tempo; temos moitos outros obxectivos.


Resulta moi triste tendo en conta a cantidade de galegofalantes que hai por estes lares...

MensaxePublicada: Xov Mar 22, 2007 7:36 pm
por ferreira
En Vieirosfálase disto, e faise referencia á campaña da CIF:
Campañas dende o 2001
Xa dende comezos do ano 2001, diversas organizacións de defensa da lingua como a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) ou a CiberIrmandade da Fala veñen demandando unha opción en galego deste sitio web.

Inclúe tamén unha ligazón a este mesmo fío.

MensaxePublicada: Xov Mar 22, 2007 7:43 pm
por minhoca
Pois gosto da nova de Vieiros. Facía tempo que non tiñamos repercusión nese medio. Moi ben.

MensaxePublicada: Ven Mar 23, 2007 12:44 pm
por 6matriuska
minhoca escribiu:Pois gosto da nova de Vieiros. Facía tempo que non tiñamos repercusión nese medio. Moi ben.


Eu gosto da nova e do novo Vieiros, numha semana dúas referencias as CIF!!, excelente!  :D

MensaxePublicada: Ven Mar 23, 2007 1:17 pm
por Kiko das Leiras
6ª matriuska escribiu:
minhoca escribiu:Pois gosto da nova de Vieiros. Facía tempo que non tiñamos repercusión nese medio. Moi ben.


Eu gosto da nova e do novo Vieiros, numha semana dúas referencias as CIF!!, excelente!  :D


Cousas estranas pasan nesta vida mais esta é boa  :D  :D

MensaxePublicada: Ven Ago 24, 2007 1:13 pm
por Kiko das Leiras
Boas,

http://diputacionlugo.org/

http://www.vieiros.com/nova/60533/seis- ... ua-do-pais

http://chuza.org/historia/seis-anos-des ... a-do-pais/

Seis anos despois, a web da Deputación de Lugo aprende a falar na lingua do país

Na web da Deputación de Lugo comézanse a notar cambios dende a mudanza de goberno. Despois da longa etapa de Cacharro Pardo á fronte do executivo, a coalición formada polo PSdeG e o BNG aprobou incluír na páxina as retribucións dos membros da corporación en dedicación parcial e exclusiva, dos grupos políticos e do persoal eventual. Ademais, os novos contidos estanse a introducir en galego, o que contrasta co que acontecía até o momento, cunha web integramente en castelán.

Dende a Deputación aseguran que a intención do novo goberno provincial é renovar completamente a páxina web, e facelo en galego, pero que iso levará o seu tempo. Entre tanto, cando picamos na semioculta opción de web en galego, no pé da páxina, séguenos a aparecer a antiga mensaxe: “Comunicamos a todos os usuarios deste servizo que actualmente está en fase de tradución o contido actualizado desta web”.


Aleluia  :D