EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Somos galegos por obra e graza da lingua.

EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Mensaxepor Kiko das Leiras » Sáb Xan 16, 2010 10:45 pm

Galicia Bilingüe é unha asociación con escasos membros e cuns dirixentes sen a menor cualificación política, profesional ou intelectual. A pesar diso, conseguiu implantar nos medios -e, consecuentemente, na opinión pública- o seu discurso e a súa marca, grazas a unha estratexia moi ben planexada por profesionais competentes. Como é posible esta falta de proporcionalidade entre o que Galicia Bilingüe é de feito e o eco alcanzado? Pois por dous motivos moi simples:

1. O nacemento de Galicia Bilingüe foi deseñado no círculo madrileño da FAES como ferramenta para redefinir os termos do debate lingüístico en Galicia. O discurso foi realizado por profesionais do marketing político cunha dilatada experiencia (concretamente, na política basca).
2. A campaña de imaxe que acompañou o lanzamento de Galicia Bilingüe foi realizada pola empresa alavesa Alegría Activity por encargo da FAES e financiada cos fondos da fundación presidida por José María Aznar (ou sexa, cos nosos impostos, xa que a FAES é a fundación que máis diñeiro recibe do Estado español). Non estamos en posesión dos datos para afirmar rotundamente que ese financiamento se mantivo no tempo, mais é probable que así sexa.

Por certo, esta información é unha das moitas que obraban en poder de Emilio Pérez Touriño e que o ex-Presidente se negou a utilizar, seguindo a liña de política de guante branco frente a un PP que practicaba o xogo sucio na oposición e sigue a facelo no goberno. Un dos escrúpulos de Emilio viña motivado polo feito de que a empresa basca que realizou a campaña é próxima ao PSOE: a FAES utilizou a coñecida estratexia de facer os encargos delicados a empresas do inimigo, para neutralizar as críticas que lle poderían caer, e a benintencionada torpeza do noso ex-Presidente fixo o resto.

http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1409
Pensa Global Actua Local
Avatar de Usuario
Kiko das Leiras
 
Mensaxes: 3176
Rexistrado: Lun Xan 30, 2006 10:38 pm
Ubicación: Lanzarote. Ilhas Canarias

Re: EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Mensaxepor Convidado » Dom Xan 17, 2010 3:05 pm

Linno onte en Feijoomente.
Era cuestión de tempo que saltara esta relación.
Convidado
 

Re: EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Mensaxepor apana » Lun Xan 18, 2010 3:47 pm

Estaba claro que detrás destes catro fascistas estaba Aznar e a Faes, porque o deseño das campañas de acoso contra os galegos son totalmente profesionais, moi lonxe da capacidade económica e intelectual de glori e o pousadiña. Ademais de que está claro que os cuantiosos cartos de que dispoñen non os poñen dos seus petos. Son iso uns simples sipaios, mercenarios, vermes, fillos de sete pais...
"Neofalante"? Si grazas.
apana
 
Mensaxes: 1377
Rexistrado: Ven Mar 02, 2007 4:55 pm

Re: EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Mensaxepor Kiko das Leiras » Lun Xan 18, 2010 8:14 pm

Estas xentes non tenhen perdón.... As FAES promocionando o espanholismo.

Lobos con pel de cordeiro..
Pensa Global Actua Local
Avatar de Usuario
Kiko das Leiras
 
Mensaxes: 3176
Rexistrado: Lun Xan 30, 2006 10:38 pm
Ubicación: Lanzarote. Ilhas Canarias

Re: EXCLUSIVA-Descuberto o vínculo entre Galicia Bilingüe e FAES

Mensaxepor Gallaecia » Xov Xan 21, 2010 10:34 pm

Bo aporte mais non di nada novo 8)
Avatar de Usuario
Gallaecia
 
Mensaxes: 157
Rexistrado: Mér Mar 14, 2007 11:22 am
Ubicación: Vigo, Gallaecia


Volver a Lingua

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados